Consello da Cultura Galega
Formulario de participación e recollida
Encontros sectoriais promovidos polo Consello da Cultura Galega. 1.º encontro: 14 de xullo de 2026 · 2.º encontro: 22 de setembro de 2026.
#EncontrosEspazosGaliciaA recente designación da dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea abriu un debate que vai máis alá dun nome concreto: os procedementos de selección, os modelos de xestión e gobernanza das institucións culturais, as políticas culturais públicas e os mecanismos de participación do sector.
Este cuestionario recolle a voz do sector para os encontros sectoriais promovidos pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega. As respostas analizaranse de forma agregada e servirán de base para o documento final.
Levarache arredor de dez minutos. As preguntas marcadas como opcionais podes deixalas en branco.
Consello da Cultura Galega · Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas
Pazo de Raxoi, 2.º andar · Praza do Obradoiro, s/n · 15705 Santiago de Compostela · 981 957 202
Páxina do encontro · consellodacultura.gal · difusion@consellodacultura.gal