Consello da Cultura Galega

← Volver á conversa

O proxecto

O Parlamento de Galicia declarou por unanimidade o 2026 como Ano Otero Pedrayo, a coincidir co 50 cabodano da morte do autor ourensán. O CCG sumouse á celebración co desenvolvemento de varias iniciativas e proxectos para poñer en valor e difundir aa vida e obra de don Ramón Otero Pedrayo a diferentes públicos.

Ramón Otero Pedrayo. Unha conversa contigo é un experimento de narrativa dixital. Trátase dun bot conversacional concibido para poder explorar o dilatado corpus pedraiano, cunha ferramenta que permita cruzar e recombinar a súa memoria, obra e o seu contexto histórico e cultural. A través dun acordo coa editorial Galaxia, o bot nútrese da obra literaria do CCG da que é titular a editorial. Ao tempo, o bot foi adestrado con contidos adicionais do propio Consello da Cultura Galega e outras fontes que lle achegan contexto.

A extensa obra de Otero Pedrayo e a súa diversidade de rexistros -desde a correspondencia, a literatura, o ensaio ou os textos xornalísticos- fanno axeitado para explorar as posibilidades que os modelos de linguaxe e a intelixencia artificial abren ao diálogo coa cultura galega.