Parola de Cacheiras

Contexto

Polos contidos do texto e polo estilo da súa argumentación, podemos afirmar que o autor debeu ser un clérigo carlista de Santiago, pois coñecía perfectamente non só as persoas da vila, senón tamén os seus alcumes. A importancia deste texto radica en que é o único en galego ideolóxica e politicamente absolutista e carlista. O control da censura sobre toda publicación deste signo político fixo imposíbel que se imprimise ningunha obra de propaganda desta ideoloxía. Tampouco esta foi impresa. Posibelmente estas pezas circulasen de man en man. Canto á data, tendo en conta que se escribe en plena guerra carlista (1834-1840) e que se menciona que os regulares xa foran expulsados dos seus conventos pero non aínda as monxas, cómpre pensar no ano 1836. Seguindo o mesmo modelo das producións liberais (un diálogo entre paisanos con posicións encontradas), nesta peza é Farruco quen dirixe a tertulia e expón os argumentos: a vida económica está estancada, a liberdade converteuse en libertinaxe, son perseguidos a Igrexa e os seus ministros, etc. Cara ao final aparece a argumentación en contra da sucesión de Isabel ao trono de España pola súa suposta incapacidade, como muller que era, para exercer o poder e porque ao casar sería o marido, “si é home de calzós”, quen de feito exercese como rei.

Texto

Parola de Cacheiras

<1> Parola k'houbo entre Goriño Antelo, Farruco Allende, é Anton Terelo a tarde de carta feira d'a outra semana n'a taberna de Cacheiras, relatada o pé da letra p[o]r un urbano q[u]e à oeu agachado tras d'unha pipa; ó q[u]e viña de camiño.

Gor. K'ai meu compadre Farruco, como vos vai de saude?

Far. Ou Goriño folgome d'acharvos, de saude vamos pasando, prô... non canta ó merlo: é p[o]r alá que tal á xentiña toda d'a casa?

Gor. Esa madia tén; pro eu teño un catarro que m'afoga, nin me deixa turrar polo alento, é ó Siñor abade que nos daba as meiciñas, que bén sabês qu'é moi entendido, teñeno preso esos démos, e cartos nos hai, p[o]rq[u]e anque un home teña algo que vender non hay quen ó merque, si ó pode esconder dá tropa principalm[en]te dós cristinos que canto vén, canto apañan; é vede k'un home tén que morrer à la tragala sin romedio: é vos seica vindes dá vila?

Farruco. home veño, émais c'alá non fora.

Goriño. E logo q[u]e.... 

Anton. Dios los guarde cabaleiros.

 F. e G. Seás ben bindo Anton. 

Ant. Hay pa todos? 

Os d[ous]. home dò k'ai tomarés coma un de tres. 

Ant. pois logo à vuestra saude.

Os d[ous]  K'aproveite é d'oxe n'un ano querendo Dios.

Ant.  asi sea. E que contás de nobo, si he que non hai cousa secreta, q[u]e estonces.... 

Gori.  non hai cousa q[u]e non podás saber. 

Ant.  Pues logo echade p[o]r esa boca que yo tamen quiero saber algo de bueno. 

F. estaballe contando à Goriño q[u]e veño dá vila é mais k'ala non fora p[o]rq[u]e eu non sei coma estou, pois mais teño de louco que de cordo.

 A.G. é logo q[u]e tuvestes? 

F. calá, q’ô que tal non vé non tén q[u]e contar. Eu fun c'un pouco gran, é estiben sin vendelo mais de catro dias, e tiveno <2> [que] deixar ben barato sinon inda non viña hoxe para á Aldea; p[o]rq[u]e habés de saber q[u]e noutro dia xuntanche catro pillos q[u]e asi ó decian ás panadeiras é toda xente, descamisados anq[u]e vestidos d'urbanos, alborotando á praza maior e toda á vila gritando coma loucos viva la libertá, viva la Costitucion, viva à Republica, viva la libertá de Francia, mueran los Frades, mueran los curas, q[u]e sei eu os disparates q[u]e decian. Puxose á tropa sobre dás armas, os urbanos tocaron é retocaron, e só se xuntaron uns noventa é cando mais cen, é eso q[u]e os vuscaban polas casas. Eivos nomear alguns p[o]rq[u]e poida dár q[u]e conozás un q'outro. O q[u]e mais farolaba berraba é adoecia era ó noso viciño de S[an]ta Baia, ó que fixo àquela casa tan pintada ¿no conoces? ó tolo q[u]e acá lle chaman D. Xacobe ó dá praza, ó fillo dó xastre Eiras, q[u]e despois q[u]e xogou é malgastou as talegas q[u]e lle deixou seu pai, anda à ver si pode rapiñar; outro era ó fillo de D. Mauro ò boticario dó canton, q[u]e tamen está tronado; un longo d'un reloxeiro q'ai frente ó calexon dá porteria de San Payo, q[u]e non lle chega prâs p.... todo ó q[u]e gana, nin tén en que caerse morto, nin e viciño etc. un macaco da rua travesa q[u]e chaman Ramon Barros, sin oficio nin beneficio, etc. un francés beleiro dó calejon dá pescadaria q[u]e lle chaman cau..cau, valgate ca vila hom. O fillo dá puta de fociños, ou muller de estarís q[u]e he noso visiño tambe[n], que ten à casa escontra ó rio. Un tal sanchera que tén o dia é a noite p[o]r seus. un neto dó abogado Xunqueira, q[u]e ten ò que Dios lle dou, ó catalán Pou, q[u]e veu de criado de mulas à ser Siñor à Santiago côs miles da reigier, óu judia q[u]e si he coñe<3>cida, un peluqueiro dó franco, q[u]e veu de Madride có cú ó aire, un linterneiro chamado impropiam[en]te Justo Fraga, q[u]e xá foi dos q[u]e àfogaron nó ano vinte é tres, o gundiano é outros; un carpinteiro chamado brandaris, un zapateiro gordo

Qué tal non hé xente de valia? pois estes son papas reyes obispos, generales, justicia, pueblo é todo. Despois de juntos todos estos letrados pidino ó q[u]e lles veu à boca é entre outras cousas éna q[u]e mais aferrano foi q[u]e se botasen todolos frades é monxas. Formouse ó sabio auntam[en]to é non estrevendose á facela mastrugada só, chamou á varios sugetos, entre eles (anq[u]e dá misma lán) alguns de valia; tal coma ó Marques de Santeesteban, D. Xeromeno Losada, ó Escribano bocas, Montepío, D. Pedro Vermudes, ó Comand[ant]e dó 16, etc.. p[ar]a q[u]e figurasen ó Pueblo. Oubo ó demo e mais la mona, é quedou prâ o outro dia. Aqui foi ela, ós ricos, é de prô non quixeron firmar, é pagano 15 ducados de multa cada un, amen de pasteleiros, etc. O encargado dâ representacion foi cara de bella, ó xenro dó bello caneda D. Benito Losada, ó q[u]e levou ó guion <4> ná procesion de S. Roque, ¿non vos facés de cargo q[u]e iba caio aqui caio acola, cunha turca q[u]e partia á alma? pois amigos anq[u]e fixo (ou constou q[u]e a fixera) à representasion non queria firmala, é ladron de Nieto, deulle duas bofetadas, é D. Pedro bolos, un catalan gordo é negro k'ai n'o escuriño dá praza, quixo o botar polo balcon ¿non vos rís? pois asi vos foi. Despois desto leuo no balcon ó acordo dá xunta q[u]e foi votar ós frades fora, e facer posta dicindo q[u]e á cidade ó pedia ¡Que mentira! Os urbanos con armas, e foguetes bén poucos (p[o]rq[u]e era gente de pouco ber) con musica foron alborotar ás calles con berros que aturdian (cousa que he contra toda ordenanza, p[o]rq[u]e si fora cando eu servin ó Rey xá tiña pau ó q[u]e ná formacion abrise os labios). A xente andabavos pasmada, as tendas e tabernas é casas estabanvos cerradas coma cando entraron os franceses no ano de 9, que non fixeron con ser ó que eran o q[u]e ahora fán estos malos españoles. 

Gor.  ¡Ai tal hom! ¡si nosos abôs viñeran à este mundo no nos coñecisin p[o]r seus netos. ¡Vaia ó mundo està perdido. 

F. Bén nos decìa meu Padre ála no ano de quince; os travallos inda non viñeno, todo ó q[u]e pasou foi mel; os q[u]e viviren d'aquí algun tempo han de ver ò q[u]e nunca se veu! 

Ant.  hombres non sabés lo q[u]e decides; p[o]rq[u]e para q[u]e se queren tantos frades mongas é cregos? para comer, rascar la panza, é andar á la q[u]e salta, sin degar soltera nin casada, metendolas en el beaterio, p[ar]a megor hacer la suia con capa de hipocresia, teniendo los q[u]e estan afuera las amas p[o]r mugueres, y á los higos p[o]r sobrinos, etc. Las mongas ya sabés que entran p[o]r el capricho de los padres, p[o]r codicia de un tio ò hermano, o p[o]rq[u]e <5> no las degano casar con quien querian, o p[o]rq[u]e algun guapo las degó en aunas, etc. Tanvien vedes q[u]e todas las riquezas estaban en ellos, y q[u]e con sus escesivas rendas cospiraban en favor del perro Carlos contra la leguitima reina Ysabel 2a, y otras cosas q[u]e calo p[o]rq[u]e vos non quiero escandalizar. 

G. ¡Ou Anton! évos tamen sodes dese bando? ai home no no creia devos! Farruco voume indo prâ a Aldea q[u]e me he noite, é deixalo á Dios que ó governe. 

F. tendes razon, eu tamen me vou retirando, k'o fin nos non hemos de governalo, é deixar andar ótempo k'el dirá ó que ó for.

G. F. Pois logo Anton quedá con Dios, é perdoná, astra outra ocasón, vaia á Dios si, dadelle moitas memorias á Margarida, é mais á Sabela, é mais á Martiña. 

Ant.  Encomendadas seran; pero digo, seica vos enoxastes p[o]rq[u]e falei asi dos frades é cregos; ou tendes medo de k'eu vos faga la falsa fe? falá lo q[u]e quisieredes q[u]e por mi non hay nova. 

F. Xá ô sabemos, prô é noite; é como ó mando anda asi, á millor palabra é á q[u]e queda p[o]r decer, pois prâ perderse un home pouco fai falla. 

Ant.  poco á poco Cabaleiro, que eu anq[u]e sô d'outro pensam[en]to non sô espia nin vendido; tarbarnera vote usté una botella... 

G. home non k'e tarde.

F. deixao prâ outro dia, deixao k'e prâ aora foi d'abondo. 

A. lo dicho dicho, y lo mandado mandado veñan os dous netos, y San se acabó: bebé.

G. por moitos anos.

A. q[u]e aproveche. 

G. è volvendo ó conto Farruco, âs monxas tamen as votano. 

F. Astra aora non, prô seique pensâs q'an d'estar moito tempo? Vaiche boa, xâ ô pidino, e xa as fono insultar con unhas palabras tan feas q[u]e inda âs mulleres d'aquela casta non selles botan na cara. 

A. Esos son alguns botarates q[u]e se valen d'a ocasion, mais os liberales netos non pensan asì. Conocen quelas mongas no deben estar oprimidas y q[u]e non conviene su existencia p[o]rq[u]e son asilos los convientos del despotismo, [pues] quen impide, q[u]e la q[u]e queira ser santa, lo sea en su casa, y q[u]e sinon quiere casarse, pueda estar sin ver hombre? <6> degaos de tontarias, q[u]e muchos eguemplos se tienen visto, ademas de q[u]e sirven frailes y mongas al Estado? denada, antes polo contrario son causa de despoblacion, p[o]rq[u]e son moitos os brazos q[u]e fantan ala labranza y of[ici]os utiles, p[o]rq[u]e non es cierto q[u]e si tantos miles de frailes curas y mongas como hobu y hay en España se hobiesen casado, cantos millones de almas no tendria la nacion? con los bienes q[u]e ellos poseen cantas familias non estarian acomodadas? Yo bien sei q[u]e parece mal asi al principio, p[er]o ya vereis conel tiempo las ventagas q[u]e trae su esterminio.

F. Ai Anton esa non é á ley en q[u]e vos criou voso pai, donde ou quem vos insinou tal modo? 

Ant.  Es verdade q[u]e mi Padre non me criou asi, pero si el e todos los de su tiempo, fueron burros, fanaticos, esclavos, y supersticiosos, p[o]r q[u]e eu lo hei de ser tamien? Yo cando estive en Cais tiben unus amos q[u]e correran las catro partidas del mundo, estuberan en Amereca, Eguito, Costantinopla, Amesterdan, Londres, Parìs, Lisboa, y q[u]e sé yo q[u]e mas, sabian todas las leises, é decian q[u]e los frades y toda esa chusma de cregos no eran outra cosa que un fato de Sanganos, chupones del corazon delas naciones, e q[u]e p[o]r lo mesmo ya los echaran de casi todas ellas, bien convencidos de q[u]e eran los estrumentos del despotismo, los opresores del guenero humano, y los candados delos grillos de nuestra libertá: que eran lobos con pellego de ovegas, q[u]e cubertos con la hipocresia criticaban todos los fotos de los hombres, al paso q[u]e eles vivian como querian, pues q[u]e eles solos tenían libertá para hacer lo q[u]e les daba la gana; q[u]e para migor pintar y hacer creer sus patrañas, finguian milagros, e aterraban con la inquisicion á cualquiera q[u]e lles roncase con la verdá. Que si era certo q[u]e cristo viniera al mundo, no les degaria poder p[ar]a hacer una cosa, cando ense<7>ñaban otra; y q[u]e en todo caso non haciendo cosa contra la ley natural, se complia con la Religuion. Aqueles Señores eran hombres moi entendidos, pues ademais delo q[u]e corrieron p[o]r el mundo eran moi estudiosos, y me quitaron moitas preocupaciones que mamara en mi gubentude 

F. Guesus canta blasfemia Dios mio, miña virxe! calá, calá, q[u]e imposibre cô mismo demo non fale pola bosa boca. 

G. pois xa q[u]e me detiven á oir tanto disparate tamen será razôn q[u]e vós volva ô corpo algunhas verdades dô barquiero; p[o]rq[u]e anque ó Demo anda solto ainda hay fê, é habrâ fê hastra el fin del mundo. ¡Canto sinto Anton vervos tán antusiasmado pola causa do Demo! prô inda teño mentres k'as vulver en tí: oieme, q[u]e tamen teu oin. Principio pola parte da religuion. Ou hay Dios, ou non; si hay Dios será immortal é xusto; e omnipotente, criador de todas las cousas; sendo criador p[ar]a algun fin lles deu sér; si lles deu ser, é consiguiente que lles deu medios prâ subsistir, esto xâ vedes que non tén volta; aora bén, entre as cousas infinitas q[u]e quixo criar, foi ó home; para uso, regalo, necesidades, e felicidade del criou todas as demais cousas, facendoo sêñor de todo ó universo; dandolle p[o]r habitacion mentras vivise á terra, e p[ar]a despois ô ceo, p[ar]a toda eternidade en sua presencia é de todos os espiritus puros. Para q[u]e pudese coñecer esto mismo deulle unha alma espiritual é immortal, dotada de entendimento memoria é voluntá; o entendim[en]to para discernir ó bô dô malo, á memoria p[ar]a q[u]e se acordase dos seus preceptos, é voluntá p[ar]a q[u]e abrazase ó mal ou ben, n'a inteligencia q[u]e si seguia este gozaria de felicidáde eterna, si aquel estonces iria facer compaña cos demos ó inferno; pois sendo el o Señor, era preciso cumplir os seus mandatos p[ar]a merecer oseu agrado, é si non despidilo de si como fai un amo c'un criado q[u]e non lle sirve á seu gusto, pois el é Santo, é na sua casa non quer sin[on] <8> Santos.

Como ó Demo hé enemigo declarado de Dios é de consiguiente principio é autor de todo ó malo, envidioso dô seu poder é bondade quixo estorbar á amistade q[u]e Dios fixera co home; este como tiña libertá de seguir ó ben ou ó mal, agradado dâs promesas do demo, faltou ó precepto d'aquel, é veu ben pronto as resultas. Conocendo noobstante Dios noso siñor q[u]e o home fora feito debarro, é p[o]r tanto quebradizo, doulle palabra q[u]e como se arrepentise mandaria á terra o seu querido é eterno fillo p[ar]a q[u]e tomando á seu cargo os pecados dos homes, nos redimise dá esclavitú dô demo, énos franquease ás portas do céo. Prâ q[u]e esto se cumprise imprimeu na alma dó home á ley natural, q[u]e hé ó q[u]e chamamos razon natural; olvidouna, é estonces deulle as tablas dá ley p[o]r escrito, entregoullas á Moises é Aaron cabezas dôs q[u]e creian nel. Mandou q[u]e as tibesen en suma veneracion é custodia, fabricando un templo ó mais sumptuoso q[u]e viron os pasados, presentes, éfuturos; Mandou tamen k'unha dás doce tribus en q[u]e divideu óseu pueblo fose destinada ó servicio dó tempro. Aqui non podo menos de facer unha pausa = mandou Dios que unha das doce tribus se destinase ó servicio dô templo; e para q[u]e? p[ar]a q[u]e lle desen culto publico, sacrificando uns as victimas, outros cantando himnos dalabanza outros tocando suaves instrumentos, outros en servicios menores, como gardas, porteiros, etc. E p[o]r mandado de Dios, pregunto entre nosoutros sontantos los cregos monxas efrades que compoñan unha duodecima parte dâ poblacion? pois si para un templo sô destinou Dios de cada doce un, entre nosoutros q[u]e hay tantas yglesias gardase [e]se orden? 

Anton.  Eso todo es invencion de los curas y frailes oí mas de una vez á dotores y gentes de sabiduria, á lo <9> menos en la maior parte.

Goriño.  Calá louco: Por ventura eso non costa dá sagrada escritura? no no creén os hereges? no no veneran os xudios? é astra os mismos turcos no ó confesan? idiotas! queren negalo todo, p[o]rq[u]e confesando parte caen nà rateira. Volvo ó conto. Como os homes sempre fomos malos, somos é seremos astra la fin, p[o]r eso os mismos q[u]e foron testigos dos milagres q[u]e Dios fixo cos israelitas foron olvidandose dos beneficios recividos, cometendo cada vez mais faltas; mandou profetas santos q[u]e avisasen, é correxisen, e amenazasen con os terribles castigos q[u]e lles tiña preparado, p[er]o foi en vano, prenderon, perseguino, é matano os mais, é verificouse ó q[u]e predixeron.

Farruco: oi meu compadre tamen me parecés vos un profeta, p[o]rq[u]e eu non pensei q[u]e tanto sabiâs, tendesme coa boca aberta, seguí, q'eu creo en Dios à pés xuntos.

Ant.  ¡Que ilusos, que fanaticos!

G. Si home si, vos sós solos os q[u]e tendes á sensia infusa; prô p[o]r moito q[u]e digades à verdá é verdá. Prosigo.

Veu ô Mesias, predicou contra os vicios, fixo miles de milagres en testimonio da sua doctrina, é en pago matarono afrentosamente, e quen o matou? os mesmos q[u]e o esperaban, os mesmo[s] q[u]e reciviran á sua ley p[ar]a estreitar mais ánosa amistade con Dios, estableceu á su[a] iglesia, pondo p[o]r cabeza visible dela á S. Pedro, dando lle as chaves dó ceo, á el é todos los apostoles mandoulles estender á su[a] doctrina, fundar templos, consagrar obispos q[u]e fosen seus sucesores, ordenar sacerdotes, etc. prometendolles q[u]e estaria con eles hastra a consumacion dos siglos, dan[do]lle potestá p[ar]a perdonar os pecados, è fortaleza p[ar]a resistir átodos los q[u]e se opuxesen a recivir à Santa ley. Millons de Martires regaron coa sua sangre a viña do siñor; e apesar q[u]e en todolos Siglos houvo crudes persecucions contra os fieles, nunca pudo ó inferno derribar á Ygle[s]ia <10> de Cristo noso ben, ni’n’a derribará por mais q[u]e invente impiedades martirios, nin revolucions, p[o]rq[u]e Dios pode mais q[u]e todos os demos, todos los homes, todos los elementos, é todo canto existe, p[o]rq[u]e existindo p[o]r el é sabido q[u]e pode deixar de existir p[o]r el: é q[u]e si non acaba con nosco è porq[u]e non quer, é p[o]r cumplir à sua palabra; prô non p[o]rq[u]e non poida, pois quen licencia as augas p[ar]a q[u]e inundasen toda á terra, tamen pode acabar con ela. Do ceo pois vén acreacion dós Pontifices obispos, sacerdotes é mais individuos do servicio dô Altar dô ceo vén ó q[u]e os homes vusquen con anhelo unha vida perfecta p[ar]a chegar á posesion de Dios, q[u]e é ásuma felicidad á q[u]e debemos aspirar. En todos tempôs houve santos varôs q[u]e inspirados p[o]r Dios fundaron varios sistemas de vida santa q[u]e sirvise de escala p[ar]a [que] os q[u]e [os] abrazasen chegasen á conseguir ó deseado fin, é q[u]e con o seu enxempro, predicacion, é santos consellos nos guiasen p[o]r la misma senda: estas fundazôs foron aprovadas p[o]r lo papa, polos concilios gen[erale]s nac[ionale]s é prov[inciale]s e polos obispos, protegidas p[o]r los Reyes, emperad[ore]s, cortes, republicas é governos seculares, consentidas p[o]r los pueblos. Os seus individuos foron entodo tempo un sosten dâ Yglesia propagadores dâ fê con efusion dâ sua sangre p[o]r todo ó mundo consoladores dos pobres, amantes dâ paz, é conductos de infinitos béns espirituâs. Conservaron as sencias é as artes nos tempos mais calamitosos, cultivaron mil barrancos q[u]e non servian sinon dô abrigo das fieras. Contribuiron con immensas sumas, fruto dâ sua ordenada economia, en todas las epocas q[u]e á nacion seveu en peligro, etc. As animas dô purgatorio tiñan nas corporacions eclesiasticas un mar de sufragios, xâ con misas, oracions, aunos, mortificacions, é limosnas xâ con sin numero de indulxencias concedidas p[o]r calquera boa obra q[u]e fixesen os q[u]e visitasen á[s] su[a]s Yglesias, vistisen ôseu habito, ôu se alistasen nâ su[a] hermandade. Dos conventos foron os millores escritores de todas las edades, é en todas as materias; os profesores das artes os maestros da agricultura, é os modelos dâ vida arreglada. 

Ant. <11> Si... mucho; poida ser que n`otro tiempo fuse como decís, péro en el dia non se pode negar q[u]e son moi otros; que viven como quieren y q[u]e fomentan la sedicion.

G. Todos somos de carne, todos nacemos de pecadores, é en todos tempos houbo vos émalos; p[o]r ser cregos, frades ou cofrades non se quitan de sí ó sér dè homes; é canto mais s'arreden dô comercio humano, tanto mais traballan as pasions p[ar]a facelos caer; ó demo como non lles quer ben, tentaos á todos instantes, é calquera falta q[u]e cometa un, anq[u]e sea pequena, avultâa canto pode, e achacaá á todos é sinon decideme; acâ entre nôs raro é ó lugar ou parroquia donde non hay un aragan, raspiñeiro, borracho, amancebado, ou jogador, é seria bén decer q[u]e todos nos eramos outros tâs; pois p[o]rq[u]e un frade ou crego neste convento o n'aquel lugar fixese un disparate, serâ xusto decer que todos ó fán? a tirria non [é] esa, venvos dâ trás. Os Xudios, hereges, é materialistas encontran n`a sua ley mais libertá de obrar mal, os cregos é frades sirven de freno, conteñen con os sermons, escritos, é consellos á moita xente prâ q[u]e non se deixe arrastrar dás pasions; reprenden os vicios, ensalzan as virtudes; recordan ô trance dâ morte, manifestando os traballos é penas q[u]e agardan no abismo polos impios, é impenitentes, estas reprensios danlles na cara, vense como señalados cò dedo, è vede ahi q[u]e botan: à conta que quitados os sagrados ministerios, dâ predicacion, confesion, misas, é culto, q[u]e terán moitos compañeiros, e polo mismo non serán tan coñecidos. Ademais eles escreben canta mentira é insolencia se lles vên á cachola, calumniando á todo vicho viviente q[u]e non sea dô seu modo de pensar; uns polo medo, outros por cobardia, outros p[o]r pouca fê, calan os mais, contentandose con que os deixen sin acordanza; prô os cregos é frades saben rebatilos con firmeza con celo, é con cara descuberta, desenredandolles ásuas marañadas é facendo ver con evidencia todas as suas trampas ¿que remedio pois pra non se ver desmentidos con tanta vergonza? destruir os estorbos; fora pois frades é cregos, é vivirémos como salvages sin Dios nin ley. 

Ant.  Bien se conoce Grigorio lo embuido q[u]e estades de las preocupaciones. <12> Creo demi q[u]e algun frade ó clerigo vos ensaió, p[o]rq[u]e de tal modo parolás q[u]e parecés uno d'ellos. Si efectivam[en]te ellos son los inventores de todos esos embrollos, p[ar]a q[u]e las guentes rusticas los crean p[o]r santos p[er]o ese tiempo ya se acabô, están bien conocidos, y su avaricia nô tendrâ nunca lugar entre los ilustrados. Si en los tiempos rudos simpres y supersticiosos puderon facer figura (p[o]rq[u]e ná terra dós cegos un torto es Rey) aora los hombres no son tontos y saben donde les aprieta el zapato, ademas de q[u]e su vida licenciosa y brutal bien dá á conocer, q[u]e no la Religuion, sino su conveniencia y bien estar es lo q[u]e les obliga á predicar lo q[u]e no creen, p[ue]s no lo eguecutan. 

F. San Simon me valla Dios mio; est'home perdeu à chapeta; quen pensaria oir tal! baia, vai á bella morrendo é vai aprendendo. Dios nos teña de su mano, y la Virguen Santisima vos abra as alas dô corazon, p[ar]a ver ó voso engano, ébos cerre á boca p[ar]a decir tales blasfemias. Xesus, Xesus, Xesus Maria, y Gose nos valla á todos amen! 

Ant.  Ah.Ah.Ah, me facés rir Farruco con las vosas esclamaciones. Vos pensades q[u]e yo no sôi cristiano, catolico, pues yo soy como el q[u]e mas, pero lo q[u]e dita la razon y la esperència, seria moi tonto en no abrazarlo. 

Farr.  Cristiano! home non seâs testudo, facê reflexion....

G. Farruco deixame con este meixengo, q[u]e lo teño de poner como unhas brebas, é xâ q[u]e me obliga á falar, falarei: Decíme Antón decides q[u]e os cregos e frades viven licenciosam[en]te coma brutos; esto é p[o]rq[u]e algun outro tive unha rapaza, ou tivo un fillo; é verdá q[u]e p[o]r desgracia vense mais dô q[u]e debian, prô q[u]e tén q[u]e ver ó cú coas catro temparas? p[o]rq[u]e un coutro teña mala vida, óu tivese unha falta, teñena todos? non son homes coma os mais ¿é p[o]rq[u]e teñan pecados, deixaran p[o]r eso de decer à verdá? entre doce non tuvo cristo un q[u]e o vendeu ó outro q[u]e ó negou, prô este chorou, arrepinteuse, é volveu à gracia, é o q[u]e é mais foi cabeza da Yglesia; ó outro foi obstinado é foi prâ ó inferno; dandonos con esto aconocer ó noso Redentor, q[u]e non se ofendìa tanto dô pecado coma dá falta do arrepentimento, q[u]e o crego ou frade peque no he de admiracion p[o]rq[u]e he fillo d'Adam. <13> Prô dicime pola vosa vida: os q[u]e tanto botan contra á incontinencia de cregos éfrades teñen algun candado nà pirinola? é esas mulleres de bén q[u]e tanto se escandalizan p[o]rq[u]e unha monxa esté media ora na reixa teñen tres pechos nô....? Son pois alguns espritus q[u]e non fosen picados dá vivora? O q[u]e se mete á reformador debe principiar p[o]r si mismo: Pero os cregos efrades q[u]e viven libertinam[en]te non son p[o]r ventura dâ mesma vosa lán? non pensan coma vosoutros? Ogalá asi non fora! p[o]r tanto esos non queren verse reprendidos dos prelados, nin afeados polas virtudes dos seus hirmans, é queren polo mesmo andar p[o]r donde queiran; non he tanto ó deseo de deixar os conventos (p[o]rq[u]e p[r]o malo nunca falta ocasion) sinon p[o]r non mirarse ó espello dos demais. Decides q[u]e son cristianos como el q[u]e mas; ¿E he cristiano ó q[u]e non cumple cos mandam[en]tos de Dios é dá Yglesia, non receve os seus sagram[en]tos, persegue oseus ministros, insulta é se desmanda dos prelados? ¿e cristiano ó q[u]e anda polas calles prazas é camiños insultando á publica honestidá? ¿e cristiano ó q[u]e se vale de mentiras, calumnias, alevosias, perfidias é de canto medio inicuo p[ar]a perseguir ó veciño pacifico é honrado sô p[o]rq[u]e non [é] outro tal? ¿e cristiano ó que nunca oe unha misa, nin reza un rosario, nin compre c`o precepto? ¿e cristiano ó que publicamente blasfema de Dios, de Maria Santìsima, dos santos, é se mofa de calquer acto de Religuion? ¿E cristiano o q[u]e anda seducindo á toda criatura, enseñandolle ó q[u]e non debia saber anque vivise na ley dos tartaros, ou chinos? Esos cristianos son peores quos cafres, q[u]e non tendo domicilio nin ley, usan indistintamente das nais, das fillas, dos irmâs, é non se alimentan sinon dá carne dás tribus ou pueblos viciños estando en continua guerra con elés para cebarse na sua sangre. Acordome dô q[u]e decia Xacobe Eiras é mais <14> camaradas (segun contou meu compadre) viva la libertá da Francia; é sabía ó q[u]e decía ese barbaro? atendê: Oin leer n'a casa dô Siñor tio ó escrivano á Historia de Francia; e dispois q[u]e botaron tamen frades é cregos, q[u]e correron rios de sangre, pois na cidá de Lion ouvo vez de poñer mais de seis mil personas n'un campo é tirarlles polas catro esquiñas cañonazos de metralla; levaron en andas á unha rameira de París en coiro como sua nai à pareu é puxerona n'un altar, é adorarona como diosa, decendo viva la razon; pois si esto se veu, é p[o]r desgracia se vai vendo, como nos queren meter polos ollos ó negro p[o]r blanco? 

F. Caramba Xuro os crabos dô carro q[u]e si aora Anton non se convence, tamen digo q[u]e tên ó corazon de pedra. 

Ant.  Ai q[u]e pava, eso es bueno p[ar]a almas simpres, y necias como las vosas, mas p[ar]a un iluminado toda esa bataola es un cuento de mari castaña. Pero demos de barato q[u]e todo eso sea asi, q[u]e ventagas teneria el Estado politico en tener los frailes y demas; no es cierto q[u]e con sus rendas se pueden aliviar las cargas delos pueblos, q[u]e con sus edificios, utiles hasta ora solo para vegetar una porcion de hombres se pueden formar fabricas de mil cosas q[u]e están viniendo de fuera, cuarteles p[ar]a la tropa sin q[u]e los vecinos tengan q[u]e dejar su cama y habitacion p[ar]a alogarla, hospicios y casas de educacion q[u]e formen ciudadanos utiles en vez de folgazanes q[u]e andan de plaza en plaza ensaiandose en el robo? y aun cuando, me hableis de socorros de pobres ¿no es verdá q[u]e con este aliciente se entregaban muchos á la pedicha, abandonando el trabajo p[o]rq[u]e tenian la bucolica segura? ademas es evidente q[u]e eran enemigos de Cristina, q[u]e daban auxilios á calros, y q[u]e intrigaban con las naciones mediante su gran bolsa, proporcionando armas municiones, gente, y dinero álos fauciosos. 

<15> F.  Nô... a ora p[o]r Dios votouvos ó voi goriño, este [...] tripas dô q[u]e parês, tomou ben as liciôs de sus amos, vaia vaia q[u]e xá pode ir as cortes, q[u]e leve os demos q'o ha de lucir mais q[u]e alguns outros de peluca y espadin; merecés un vaso polo ben q[u]e o fixechedes, tomâ Anton, é permita Dios que caiâs do burro à baixo. Ea Goriño; seica vos dás por vencido? pois ámin, creeme, inda me afirmou mais no pensamento q[u]e tiña, de q[u]e tan lonxe de ser util ó Estado á botadura dos frades, q[u]e é perxudicial, é moi perxudicial.

 Goriño.  vou á entrar nese punto; p[o]rq[u]e este peixe non e ainda ó q[u]e me embauca a min co seu polido é pomposo linguaxe, q[u]e e ó de todos os tempos é homes q[u]e pensan asi. E cousa sabida, q[u]e en tanto émais feliz, poderosa, é temible toda nacion é governo, canto mais ricas casas é corporaciôs tén, porq[u]e é certo q[u]e asi como ningun edificio se sosten sin cimentos, ningunha pranta sin raices, é ningun animal sin pés, asi tamen ningun estado sin recursos   Pouco importa k'axa moitos homes prâs armas, sinon hay pan, vestido, municiôs é mais aparellos de guerra. Tamen é certo q[u]e anque de cada viciño se poida sacar p[o]r exempro unha paseta, esto necesita tempo, pois ai q[u]e votar à cota, q[u]e repartila q[u]e recollela, entregala etc. prô habendo casas pudientes, logo se lles pede un dous ó vinte millôs, é estâ remediada á necesidâ. A esperencia nos tén mostrado, pois he certo q[u]e n'a guerra de Napolion, as corporazós, é casas fortes foron as q[u]e sistiveno en gran parte á indep[endenci]a nacional; pro tamen é certo q[u]e destonces à cá lles veu á tirria, p[o]rq[u]e como os chamados regeneradores non sahino coa sua xuranolles eterna vinga. Por moito q'os modernos publiquen igualdade, nunca severá realizada pois estes mismos si chegan ó termeno da sua ambizôn, peden orden queren paz, é dicen q[u]e á revoluzôn sô é boa p[ar]a [que] ó que non ten nada se faga co alleo, sin acordarse queles o teñen dela mesma manera. O governo pois podia contar con un fondo de reserva en protexer ás corporazôs, é nunca sevaleu delas q[u]e non achase pronto desprendim[en]to, é en moitisimas ocasiôs, non esperaron á q[u]e llo pidisen, sinon q[u]e se adelantaron voluntariamente. En certas epocas hay calamidades públicas, á q[u]e o <16> governo non pode atender sempre coa prontitude éficacia q[u]e desea; prô tiña un alivio pronto nas corporazôs eclesiasticas, p[o]rq[u]e estas tan pronto ventaban á peste ou á fame facian todos os sacrificios q[u]e podian en ven dos infelices, émpeñandose algunhas veces prâ moitos anos. En fin ó Estado sacaba sempre ventaxas, xâ p[o]r fas, xa p[o]r nefas. Escoitâ.

En tempo de calma, aforraba un convento v.g. dous tres óu dez mil reâs, pois vede q[u]e nos empetaban, p[o]rq[u]e levantaban un muro caido, ganaba ó monteiro, carreteiro, peon, canteiro, ferreiro, é carboeiro; e edificaban un lenzo do convento, ganaban ávida ademais dá queles o tenedor dé madeiras, ó carpinteiro, ó caleiro, o arquitecto ou mestre de obras, o vidrieiro, ó pintor etc. renobaban unha igresia, entraba tamen ó escultor, facian uns ornatos, ganaba ófabricante, mercader ó xastre á costureira; facian alaxas, ganaba ò plateiro, latoneiro, cordoneiro etc. derrotabase algo de cociña, ganaba ó caldeireiro, picheleiro etc. eles mantiñan ó criado, protexiano, é pùñano en carreira. Cantos obispos canonegos, oidores, abogados, medecos, ciruxanos, boticarios, é tendeiros non deben ó ser á estas casas? Cantos miles de familias non subsistian ásuas espensas. As Artes é oficios tiveron sempre obra donde quiera q[u]e existisen, é ó que non tén non pode dar q[u]e facer. Dicides q[u]e en contra desto cesarán as contribuzôs, traballaranse as terras incultas etc. bamos pouco á pouco. Anq[u]e sean moitas as rendas q[u]e tiñan, nunca serán suficientes á cubrir os gastos dô estado. E preciso saber q[u]e ómodo de ter, e ó de saber gastar; pouco importa cun home teña cen mil r[]s ó ano si gasta cento un mil, ó quide está en ter tres ou catro mil é aforrar cen. Os frades tiñan un governo domestico tan economico, q[u]e sin faltarlles nada, con pouco sevalian p[oi]s he certo q'un convento de 40 ou 50 mil reás chamase rico; pois ben este convento tiña trinta ou corenta frades, tiñan pan carne éviño con abundancia, mantiñan criados, daban limosna reparaban os edificios sostiñan ó culto é sobraballes; de sorte q[u]e botadas ás contas, saia tres ou tres r[]s é medio cada un; p[o]rq[u]e o chocolate ó pañuelo etc. [sae]lle da limosna dás misas ou outros emolumentos personâs. Aqui de la mia ¿quen é o griton q[u]e se manten con tan <17> pouco? quen ó que sea [a] sua casa tan economico pasando ó ben ao mesmo tempo? Dividanse estos trinta ou corenta mil reâs entre catro o cinco familias; chegaralles á tanto q[u]e poidan dar q[u]e facer á toda clase de artesano?; ó xastre, zapateiro, sombreir[eir]o, modista, costureira etc. tendeiros serán os unicos q[u]e saquen algun lucro anq[u]e este xá ó teñen acaso maior na conservacion deles. Poñense en adeministrasón as rendas, hay q[u]e pagar os empleados con bos sôldos, è non hán ser poucos, é despois dos gastos de recolleita, venta, e conservacion dos frutos, e edificios urbanos, canto chegará liquido as arcas do fondo. Dirés q[u]e se vende todo, é se quitan esos inconvenentes: peor q[u]e peor me las tienes pedro; vendese todo, fanse unha chea de millons, fortuna prâ os acomisionados q[u]e meterán ven áman, p[er]o ó estado à de ser pouco ó q[u]e chegase: prô supoñamos q[u]e se faga con docentos ou trecentos millôs p[o]r unha vez, cal lle seria millor contar con dés ou doce millôs ó ano sin dispendio nin traballo ningun? un home q[u]e ten unha leira q[u]e lle dâ pan prâ ó ano, si se desfai dela collerá alguns centos de reâs, é certo, é dispois non langrea? pois é sabido côs cartos logo se ván, prô á finca e un pozo q[u]e sempre dâ. Ademais esos millôs ou caen en boas maos ou non, si oprimeiro, q[u]e e omais seguro [(]p[o]rq[u]e à mar abolto ganancia de pescadores) non serâ unha desgracia p[ar]a toda a nacion verse coa mina agotada? pro sea loq[u]e se fuere, q[u]e se vendan óu non se vendan, q[u]e caian os cartos en boas [ou] malas maos, p[o]r eso non cesarán as contribuzôs. Na ingalaterra botaron hay moitos anos os frades cregos etc. fixeronse con os seus véns, é cesaron as contribuzôs[?]; pois sabê q[u]e as teñen hastra polas portas é ventanas das casas. En Francia polo consiguiente contribuzôs é mais contribuzôs, e eso q[u]e acharon unha mina en Argel, moito mais crecida q[u]e à dos frades; é aca en España, q[u]e come ó Estado dô q[u]e deixaron os Xesuitas?. Deixame de contos, é non porfiés en facer torres nel aire.

Son tantas as cousas q[u]e se me veñen á m[em]oria q[u]e casi non sei en cal escoller, pois son tantâs ás utilidás q[u]e vexo na estancia <18> é subsistencia dos religiosos, é os daños e perxudicios dá sua falta q[u]e era preciso un libro prâ os nomear. Dicide homes, un pai tiña catro ou cinco fillos, dous iban prô rey, outro iba á ganar a vida, á servir, ou por donde pudese, outro casaba na casa, outro metia[o] frade, non é verdade, que este xâ ó contaba ácomodado, e que asua erencia quedaba en beneficio dos mais irmas. Outro tiña moitas fillas, estas no as quer ó Rey, no sirven p[ar]a andar polo mundo carrexando odres, nin p[ar]a os navios á manexar os remos, non se encontra con medios, p[ar]a q[u]e encontren conveniencias, coos donativos é limosnas dos cabildos, obispos, é comunidades xunta o dote p[ar]a unha metea monxa, non é verdade q[u]e xá ten acomodada? Nay de Dios q[u]e podia ter fillos é de consig[uien]te brazos utiles p[ar]a ò estado! e decime gran canalla p[o]rq[u]e non casás á tantos solteirôs e solteironas como hay particularm[en]te do voso bando? si todos se casasen é se notase q[u]e facian falla; pase: ademais q'as monxas non son tantazas. Prô deixarme facervos unha pregunta d'acompañado; non decides q[u]e os cregos efrades están todos emputeados? logo fan p[o]r vida; si fán ó q[u]e vos fagan, terán fillos, netos, tartaranetos, etc. é polo consiguiente nón hay falta de brazos p[ar]a ó cultivo, p[o]rq[u]e sea asi ou sea andando fán rapaces, é estonces non pende á falta neles, é preciso vuscala noutro lado q[u]e xâ direi mais adiante. Digo prô cultivo, p[o]rq[u]e prâs artes non faltan pois sobran das catro partes tres; é sinon ide por todas partes é verés homes con chaqueta ou capote ó lombo mirando prâ ó ceo à ver si caga petadas. Mulleres vén sabés q[u]e sobran p[o]r todolos currunchos, e q[u]e non se ven sinon prostitutas p[o]r falta dé homes q[u]e se casen. Prô non é p[o]rq[u]e nos axa, sinon por outras cousas. Os da Santa hermandade, particularmente os q[u]e corren con fondos están suxetos polos fideicomisos (q[u]e esa [é] umha artimaña q[u]e non conoces) según os q[u]e estàn privados de contraer matrimonio outros p[o]rq[u]e non teñen con q[u]e mantelas, outros p[o]rq[u]e ven q[u]e tanto as casadas comas solteiras están perdidas; outros p[o]rq[u]e aguerra os emplea, outros p[o]rq[u]e botan de conta q[u]e non lles falta <19> unha rapiña aqui ou acolá: prô, non concedendolles q[u]e os cregos é frades séan ó q[u]e dicen, non p[o]r eso son causa dá despoblacion do Reino: demostrareino.

E sabido q[u]e despois dá descuberta das amerecas (donde os nosos modernos trouxeron ó materialismo) non houbo cán nin gato q[u]e non procurase ir alá; primeiro iban coa de ir vuscar ouro é prata, mas dispois foronse establecendo alá, fundando cidades e establecementos; casaronse, tiveno fillos, é non se acordano mais de volver; decime en mais de trecentos anos que durou esta migracion, cantas xenerazôs non pasaron, de consig[uien]te cantos fillos é netos non tiveron? é esto non foi un roubo de xente prâ España? ou queriase q[u]e ó mismo tempo cubrise de xente á Patria matriz, á Habana, ó Peru, Mexico, Filipinas, etc. etc. tantos millôs de almas como saliron é tantisimos como deles naceron, non é verdâ que si estivesen acâ non caberian entre nos? ademais tantas guerras, pestes éfames non comeron é comen xente? ¿querés dun remedio prâ q[u]e axa xente? pois vuscâ á paz é verés q[u]e anq[u]e oubera seis veces mais frades dos q[u]e hay; pronto veriás á terra, poblada. Pero é q[u]e decìs coa boca no pensás co corazon, pois ó verdadeiro arcano dos novadores é acabar, ou o menos desminuir á poblacion de sorte q[u]e queden eles sôs, é establecer despois á conta nosa os dereitos feudâs sobre q[u]e tanto chillan. botan contra o despotismo, contra á tirania, p[er]o os despotas, os tiranos os Neros Caligulas Adricanos etc. son eles: gritan livertade pero so son eles libres p[ar]a facer todo ó que queren, oprimindo á todo viciño pacifico é honrado, sin q[u]e nin na casa nin fora esté seguro dá sua saña, nin poida ganar un bocado de pan con honradez prâ manter os fillos, pois ou á deser espia, delator, asesino, calumniador etc. si quer <20> q[u]e comer, ousi non ademorrer de fame è miseria sin se poder queixar; p[o]rq[u]e sinon grita viva la livertá, somos felices, acabouse ó despotismo, morra Christo q[u]e xâ ebello etc. etc. etc. he un carlista, é un frailero, é un iluso, é p[o]r consiguiente, prendeno, matano, é hastra lle negan sepultura, toque de campanas etc. Esto non [é] así? negarelo? ben q[u]e quen nega kai Dios, k'ai ceo, kai inferno, Yglesia, Religion etc. tamen non é moito q[u]e negue, que anda, q[u]e vé q[u]e oie; é p[ar]a estos tâs sô ó remedio do rustico contra ofilosofo q[u]e o queria embrollar, doulle unha boa tunda, e despois q[u]e lle mallou ben ás costas dixolle é voste cree q[u]e eu manexei este pau, é q[u]e el lle puxo os osos millor dó q[u]e estaban? 

Ant.  hombre vos sois el diantre! decides muchas cosas q[u]e yo non sabia, y non hai duda q[u]e algunas se acercan á la verdâ. 

G. Estas todas [son] verdades de pero grullo, ou Xán peruleiro.

A. Pero con todo non me habés de negar q[u]e los frades y cregos son despotas, soberbios, usureros, intratables, sin proguimo intrigantes, y q[u]e si facen alguna cosa buena, es para darse tono, metiendose en todos los negocios prubicos y privados, y p[o]r lo mesmo se ficieron y fan odiosos à todo el mundo. 

Gor.  Mirâ, eusonvos parente de Xân perico cantaclaro, é curman de Perico e pendanga. Eu ben sei q[u]e hay de todo en la viña del Siñor, como xos levo dito, é tamen sei q[u]e, n'algûs cregos particularm[en]te á prosopopea estâ en su punto; prô os frades xâ son mais afables, é anq[u]e sea un prelado ou Padre Maestro, non se desdeña de falar con calquera; pro porq[u]e un q[u]e outro se porte feam[en]te contra o seu deber p[o]r eso todo ó estado ha de ser malo? en todo caso áquel q[u]e cometa á falta q[u]e se lle castigue estáben prô q[u]e todos paguen á culpa d'un está mal.

<21> Pro quero supoñer q[u]e os frades é cregos non sean convenientes á Religuion, nin ó Estado, nunca se pode cohonestar o despojo infame, é inicuo q[u]e tiveron. E unha verdade incontrastable q[u]e cando se fundaron os conventos foi con beneplacito dó governo é consentim[en]to dos pueblos, q[u]e se fixeron coas limosnas dôs fieles, p[o]rq[u]e os fundadores non foron roubar á ninguen; é tamen certo q'o dado é un acto libre e pasa ó dominio da persona á quen se dâ, é q[u]e ô mismo q[u]e o dou xâ non tén dereito á pedilo nin reclamalo, canto mais outro calquera, é despois de estar siglos en quieta é pacifica posesôn; tendose por ladron calquera q[u]e intente despojar ó poseedor da cousa q[u]e fixo sua pola traslacion do dominio; con q[u]e dereito pois se poden votar cregos éfrades dos conventos casas é Yglesias q[u]e son suas propias. Estará ben que ávos ou amin nos boten fora das casas é bens q[u]e quedaron adiquiridos polos nosos antepasados ou polo noso sudor?; hay ley n'a terra q[u]e mande esto? cabe en boa Xusticia ó q[u]e se lle quite á un ó q[u]e tén? Ademais os q[u]e deron, casas, bens, censos, etc. á estos establecementos casi todos puxeron condizons sin as q[u]e nohay nada dô dito; p[o]rq[u]e uns puxeron responsos, outros misas, outros esta festa á aquel Santo, uns escolas, outros estudios; p[ar]a q[u]e repitindose estos actos de caridade cristiana, se aliviasen as suas ánimas, ou as dos seus parentes, deudos, amigos ámais do purgatorio; quen cumple pois con estas cargas? Si os q[u]e as deixaron non contáran con fe do governo é da nacion houveranos feito? non he esto faltar á caridade, sino tamen à Xusticia é humanidade? somos outentotes, ou catolicos? Non e esto oposto ao direito Divino, natural de gentes, é contratos nacionâs? q[u]e creto darán mañan os nosos fillos ó q[u]e oxe nos fixemos, vendo q[u]e nos votamos p[o]r terra, e nos cagamos n'o q[u]e os nosos veintenos ou treintenos abôs fixeron? <22> Eu pasmome cando vexo ó modo de pensar q[u]e teñen os homes deste tempo. Mais demos de caso q[u]e no se quieran os frades etc. non escede á toda crueldade, tirania é impiedade o modo con q[u]e se despoxaron dos seus retiros é domicilios? p[o]r ventura, anq[u]e outra consider[aci]on non oubera, non son españoles, fillos é netos de Españoles coma nosoutros? ¿non se criaron, educaron, y viviron entre Españoles? A mesma constancia conq[u]e esperaron á sua espulsion debia aterrar os seus enemigos. Si, en esto deno un prubico é eterno testimonio da humildade evanxelica. En q[u]e persecucion dà Yglesia foron mais maltratados? á uns asesinaronos nas suas mesmas celdas, á outros estando nos oficios divinos, outros fixeronos sair co encapillado, é alguns atra como sua nai os pareu privandoos à todos de usar de habito ou insiña de frade, sin señalarlles ninguha pension, nin susistencia. Que tal! é moito de somos felices, somos libres, somos ó demo q[u]e vos levante, xente ruin e endiablada. Son Mouros ou turcos q[u]e nos viñesen à escrabizar? non serian non tratados de un modo tan barbaro. Este [é] osiglo das luces, da filantropia, din, p[er]o eu creo q[u]e [é] osiglo das tinieblas è ferocidade.

Ant.  A min tamien me pareció mal, y á los liberales todos, no sendo algunos mentecatos ese rompim[ien]to. 

G. Si, levan a culpa esos pelagatos q[u]e sacan ó cu as azoutas, p[er]o no farian si non estiveran sostidos p[o]r outros paxaros maiores q[u]e tiran á pedra é esconden á man, é coma mais ladinos p[o]r si mañan ou outro dia hay unha revolta quedar de pé coma o gato.

Decen aora q[u]e se aumentan os precisos coa botadura dôs frades; e p[ar]a q[u]e é eso para armarlles outra rede botan de conta q[u]e vencidos en corpo son mais faciles de <23> esterminarse dispersos, é apretesto de k'un ou outro de desesperado se una á algun faccioso, prenden neles é si nos amatan, teñenos nos ferros ou botanos p[o]r esos mares. ¡Pobriños tal vos espera! non pensés q[u]e os vosos enemigos están satisfeitos, hasta q[u]e non quede un de vos non se teñen por vencedores. Despois kacáben coa Religuion xâ discurrirán con quen pegar, p[o]rq[u]e e oficio dô demo non estár quedo, é como enemigo irreconciliable de Dios é dos homes, non quer sinon arruina destos p[o]rq[u]e non pode à daquel. 

F. No eso no han de ver si Dios quer é [a] Virxe, anque ai malos tamen inda ai almas boas, é noso Siñor non quer ánosa destruzon, é anq[u]e merecemos esto é moito mais p[o]r os nosos pecados, con todo eu teño mentres que se ha d'apiadar de nôs; travallos pasarémolos, prô á fé ha deser fé; é nosa Siñora tén ofrecido que no arrigarán da España p[o]r moito q[u]e fagan é fagan. 

Gor.  Canto me gozo de q[u]e pensés asì compadre! Eu tamen confio en que asi será, prô ha d'haber moito q[u]e ver antes q[u]e pase á tormenta.

Falachedes Anton dôs edificios dos frades q[u]e sirvirán p[ar]a frabicas, cuartês etc. é eu añado as igresias p[ar]a cortes de cabalos; prâ os impios este [é] odestino mais nobre q[u]e lles acostuman dar; Dios Santo Que ambiciòsos somolos homes, pois hastra as casas destinadas para orazôn, é manifestazôn dô vasallaxe q[u]e vos debemos de justiza é agradecem[en]to; as casas destinadas prâ administrazôn dos Santos sagram[en]tos sin os q[u]e non se pode salvar ninguen; hastra esos Siñor vos quitan, é hastra as campanas q[u]e serbian os fieles daviso dos oficios sagrados fán calar; é son, ou chamanse catolicos estes monstros? prâ frabicas, os conventos, é descando áca ó q[u]e tivo gusto ganas é cartos pra facelas contou con algun convento? ademais, non é certo que calquera que queira facela neles ten q[u]e gastar ácaso mais en ela que si á fixese de nova pranta; é si ô derriba p[ar]a aproveitar os materiâs non <24> costa mais, os xornâs, estadas, limpa de escombros etc. q[u]e o compralos de novo?... Prâ cuartés, p[o]r ventura en todas as partes q[u]e hay conventos ha de haber tropa fixa, é adonde ha hay no nos tén xâ? ¿si en lances estraordinarios acudia moita tropa n'un pueblo, é a primeira ou vintena vez q[u]e os aloxaron? Citese unha epoca en q[u]e os frades deixasen de contribuir as necesidâs dó Estado, é entonzes calarei; prô non son capaces de facelo; prâ casas de misericordia, educazon etc. E pregunto quen'as ha de soster, non é certo q[u]e as mais d'as kai se sostiñan pola maior p[ar]te á conta dó estado regular? en calquera p[ar]te q[u]e se tratou dé algun establecim[en]to de esa crase non foron sempre os primeiros en suscribirse?, inda poucos dias antes de votar os de Samartiño entregano 200 ferr[ados] de centeo prâ ó espicio dos chochiños; é os adeministradores das suas rendas, farán desas entregas. pouco importa darlles casas, sinon hay pan; prô nò suposto q[u]e faltasen casas, non contribuirian prâ facerllas? non ves eso; é ha tirria q[u]e teñen á Santa Yglesia; seica iñorâs kai en España compañias de Xudios é protestantes q[u]e xiran este manopodio? pois haivos moitisimas, é o seu intento é borrar á mais pequeña siñal do cristianismo e envidiosos das nosas glorias, queren afear as poblazôs arrasando os edificios q[u]e lles servian d'a dorno é hermosura; p[o]rq[u]e he certo kunha vila queten edificios grandes antigos é modernos presenta unha grandeza é perspectiva encantadora.

Entramos n'un punto en q[u]e me tembran as pernas, é so direi algo baixo á protesta de q[u]e falamos como amigos. 

Ant.  hombre cada uno es dono de su modo de pensar, y si vos tendes otra opinion, distinta dela mia non por [eso] creâs q[u]e os faga una mala partida é asì decide lo q[u]e queirás, q[u]e el hombre debe oir para saber, y escoller lo migor p[ar]a seu govierno. 

F. folgome de q[u]e non estés de todo prevaricado, porca prefidia éun dós resortes principâs de q[u]e se valen os pìcaros para acabar cos homes de bén. 

Ant.  Non yo hastra lo de agora, mediante Dios nunca perdin á Naide, nin quiera Dios q[u]e perda mi honra p[o]r semegante camino. Que tenga cada uno su idea bueno, p[er]o q[u]e se valla dela amistade p[ar]a perder á un hombre, de ning[u]n modo. 

<25> Gor.  pois baixo de esa confianza, contestarei ó q[u]e dexestes dé q[u]e os frades son enemigos de Cristina, protexen os fausiosos etc. vamos por partes.

evidente q[u]e ó q[u]e naceu sudito non pode ser siñor, é asi q[u]e a muller naceu sudita ó home logo non pode ser siñora dél; á primeira proposizon entendese mentras exista ó primitivo siñor, pois anq[u]e é posibre é se vé todos los dias q[u]e osudito se calza co señorio, non é legalmente sinon p[o]r usurpazôn. Que a muller è sudita dó home consta desde á sua creazôn, pois Dios puxo á Adam p[o]r cabeza é Siñor d'Eva, mandando áquel q[u]e a amase, amparase e protexese; é á esta q[u]e ó amase respetase é obedecese; deixandoa p[o]r tanto baixo tutela; o q[u]e está baixo tutela, non pode señorear ô titor; logo tampouco á muller ó home. Nesta ley xa vedes q[u]e non sô se cifra ó governo domestico sinon tamen ò comun é prubico, é vese millor no feito de presentarlle todo los animâs prâ q[u]e lles puxese nome, dandolle con este acto posesion real, civil, seu quasi, como din os Escrivanos. Dios para governar ò seu pueblo non escolleu mulleres, pois tanto no espiritual como no politico puxo homes q[u]e ó dirixisen, é asta prâ as figuras domesias se valéu domes, comaAbel, Ysac, Salomon. Cando ó governo foi aristocratico, escolleu os ancianos, non as bellas; é cando ó Santo Samuel lle pideu rey ó pueblo, nin pideu reina nin Dios lle la deu sinon q[u]e nomeou á Saul, é despois á David, habendo sido varôs todos os reis de Xuda, de Ysraèl, é de todas as naciôs coñecidas. E sabido que en todas las partes dô globo, naciôs é creencias [...] é formas de governo foron sempre homes os q[u]e rexiron á nave dô estado politico e religioso. Os Pharaos, os Nabucos, os Darios, Alexandros, motezumas, Yncas, Kans da china etc. etc. entre os idolatras os califas, sultâs, Beyes, Deyes, Bagâs, etc. entre os mahometanos. os q[u]e compuñan ó Areopago dôs gregos; os reyes, senadores, consules dictadores é emperadores romanos, en fin os Fernandos, Filipes, Alonsos, Xorges, Estevos, Alexandros, Franciscos, Eduardos, Xacobes, Leopoldos, Luises etc. etc. entre os cristianos, hereges, cismaticos, e puros todos foron homes; é si n'algunha parte reinou ou quixo reinar [unha muller] <26> sempre houbo loitas, guerras, é desazôs; é si algunha chegou áreinar pacificamente, un paxaro nunca fixò brán; pois quen non é capaz para un fielato dunha porta, ou cadrileira dunha parroquia como ha deser capaz de governar un Estado? Eu ben sei q[u]e á muller ten alma, entendem[en]to memoria voluntâ é sentidos como nosoutros, q[u]e està obrigada á obrar lo ben é detestar ó malo debaixo das mismas penas q[u]e nosoutros (anq[u]e os turcos as teñan en menos) prô tamen é certo q[u]e non teñen generalm[en]te ó grado de perfeccion q[u]e se necesita prâ governar; pois Dios criador é Siñor nos dotou á todos cô necesario segun ó lugar q[u]e debia ocupar, é asì como ó home o fixo mais forte, robusto, é atrevido p[ar]a os menesteres q[u]e lle confiou asi á muller á fixo mais dilicada, sensible, e sedentaria como q[u]e ó seu empleo debia ser de portas adentro. Tamen mirando á sua costitucion como femia, xa vés q[u]e durante á su[a] vida adulta estâ cando en cinta, cando criando, cando coestereco etc. é seria bén q[u]e cando estibese á parir lle chegasen á dar p[ar]te d'unha guerra, dunha provincia, óu d'unha perda dunha armada? seria ben q[u]e cando corria prisa ô despacho dalgun negocio grave lle dese unha cigallada, q[u]e outros chaman ramo cativo? Ademais Areina hase casar, xá prâ asegurar sucesôn, xâ prâ non entretenerse c'un namoricoque; hase casar cun home dá sua valia, este ha ser estranxeiro; si'l [é] home de calzôs el ha de ser ó Rey, encheranos de xente dá sua terra q[u]e nos chupen os meolos, oh q[u]e de desgracias se acostuman seguire. Si ainda unha reina sin mando, q[u]e teña un simon favorito causa grandes males à nacion (como mais d'unha vez ó temos espirimentado) que será con marido dafora? é tamen como o amor rara vez se apodera de estes matrimonios, si toma algun cavaleiro sirviente, como se usaba (e usa) en tempos pasados, e como p[o]r desgraza temos esperimentado en España, é si vos parés queu minto preguntallo a Xil Bras de Santillana. Pero sin eso habendo homes, é estes habendo nacido, segun toda ley, p[ar]a siñores, non [é] unha baixa humillazón deixarnos governar p[o]r mulleres? <27> E ainda non [é] eso ó peor, sinon q[u]e sendo estranxeira no nos mira coma fillos sinon coma fillastros. Os q[u]e pensan distinto de nos é q[u]e so perpenden à nosa destruzôn ben o coñecen, prô como lles sirve de capa prâs suas maldâs, querennos facer tragar pedras de moiño.

            Enganouse, minteu ó cego turnes, cando dixo "tirrias, vingas, é liorta xâ moi logo terán fin"; p[o]rq[u]e é certo q[u]e foi cando comezano. Yba á España millorando á ollos vistos; os militares, ben vestidos mantidos é pagos, os empleados, horfas, viudas, retirados é todos todos estaban al corrente; á marina principiaba á tomar vuelo, en fin digan ó q[u]e queiran, naide tiña queixa fundada, p[o]rq[u]e hastra iban olvidados os contos pasados; é sô os q[u]e nunca poden estar quedos comezano á metela cisma con Cristina. Esta embaucada é seducida coa ambizon de mandar, puxôse ofrente dâ chusma é dispois q[u]e se entregou á tal xente tivo è ten q[u]e facer ó que eles queren, é apesar q[u]e prometeu entregar ó timon dô estado á sua filla no mesmo estado en q[u]e o herdára, e ven pronto faltou á todo perseguindo á todos los q[u]e foran fieles libertadores dô difunto Rey. Dou libertade á prensa, non para côs homes de ben redargüisen contra os sarcasmos, mentiras é calumnias, sinon p[ar]a q[u]e todas estas se escrebesen, é estendesen p[ar]a desacreditar ó clero é os vasallos q[u]e foron en todo tempo ó sosten dâ croa. Como pois queren q[u]e á xente á mire con vos ollos? como q[u]e se presten con gosto á derramar á sua sangre contra si mesmos? os q[u]e à comprometeno è os q[u]e foron seus protexidos son os q[u]e están obrigados en conciencia é en agradecem[en]to á sair á campaña; prô cuitadiños non saen non; que no paga somos os labradores é artesanos, q[u]e nos quitan os fillos prâ deixarnos sin amparo, é ó peor é q[u]e ban defender à ley q[u]e é contra os seus mesmos pais. Porq[u]e é ben certo q[u]e oxe no dia non se pode chamar guerra de sucesion <28> sinon de religuion; pois he certo q[u]e os picaros se quitaron á mascara, manifestando á sua rabia contra todo ó q[u]e é catolico sô pretesto de carlista. E sinon decime q[u]e caso fan oxe dá Reina, observan às suas ordes? no à insultan con representaciôs áteas desafiando esa mesma morte? vexase à represent[aci]on de Ferrol é outras; non son fillas da inpiedade é reveldia? peden q[u]e mande esto è aquelo, é sin mais dacame acá esas pallas, nin esperar resolucion fán é desfan ó q[u]e lles antoxa? ¿non forman xuntas representativas, ou reprubicanas revelandose contra ò seu governo? é esto é defender os dereitos de Ysabel 2a? é respetar à Reina governadora?. è querela!...!

            Pero ó mais donoso é q[u]e de todo teñen à culpa os frades valgate Dios polos frades!!! Os frades no se meteron nin meten nese fregado (pois un ou otro no son os frades) é si asi se quer tomar estonces todolos militares comerciantes, paisanos, etc. etc. son fausiosos p[o]rq[u]e de todos ai algun individuo[...]. Os frades contentaba[n]se con pedir à Dios pola paz é sosego da nacion, esto sì q[u]e era é e ó seu verdadeiro fausionismo; si esto é delito, entonces está ben q[u]e selles bote fora. Que con sua bulsa intrigaban coas naciôs como si non houbesen sacudido ben p[o]r moitos estilos hasta ó rompem[en]to à non ser kas berzas das suas ortas cagasen onzas d'ouro. Que proporcionaban armas, municiôs é pertrechos de guerra, como si en cada celda tivesen unha frabica delas. Querés saber quen són os intrigantes d'un partido é doutro, querelo saber? Os yngleses, é os franceses; eses, eses, e non os frades son os actores dâ discordia; eses q[u]e queren ver à España aniquilada (anq[u]e xa aniquilaran bastante) eses son os q[u]e sobre as suas cinzas queren establecer as suas colonias. Eses si q[u]e son os verdadeiros fausiosos, pois è ben sabido q[u]e si Ysabel pede armas municiós etc., danllas; si carlos as pede danllas si ó demo llas pede dânllas, si as formigas llas peden danllas [...] prâ q[u]e vuscâs p[o]r moviles os q[u]e no o son nin foron?

 

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Fondo Barreiro Fernández-López Morán

Buscar no texto