Castelao escribiu relatos inspirados na tradición oral. Tres contacontos modernos: Santi Prego, Cándido Pazó e Avelino González interpretan a Castelao a cadanseu xeito e con cadansúas voces.
Neste episodio, Cándido Pazó ponlle voz a algúns desas historias.
A relación de Galicia co Mediterráneo, Asia e Oceanía. Unha viaxe con figuras como Exeria e Martiño de Dumio. Falamos co arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo, a Casa da Especiaría ou a Biblia Kennicott e os xudeus de Galicia con María Gloria de Antonio Rubio. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
Exeria, peregrina da Gallaecia tardoantiga, é a primeira escritora coñecida da nosa Historia. O profesor López Pereira danos conta do que sabemos dela e da súa famosa viaxe a Terra Santa. [+ info]
Unha das achegas máis modernas do Seminario de Estudos Galegos foi a súa interdisciplinariedade, a combinación entre as ciencias e as humanidades á hora de coñecer Galicia. O profesor Francisco Díaz-Fierros achégase ao novidoso traballo do SEG desde a perspectiva das ciencias naturais.
[+ info]