A Camisa foi unha das primeiras obras de realismo social, plantexa as causas da emigración a centroeuropa; escrita polo valdeorrés Lauro Olmo. Foi estreada en Madrid en 1962 no Teatro Goya. Polos 60 anos da súa estrea, o concello do Barco de Valdeorras e o CCG promoven esta versión en podcast da obra A Camisa, realizada a partir da tradución ao galego de Ramón de Valenzuela. O podcast está dividido en cinco episodios que se publicarán no web e nas principais plataformas de podcasting cada venres a partir do 25 de marzo. Consulta a nota de prensa