Na procura do son perdido: a zanfona

Un percorrido pola etapa de recuperación da zanfona e da nova identidade musical galega, durante os anos da Transición. Coa conducción de María Xosé Porteiro, destacadas figuras da música tradicional galega explican como viviron o proceso de recuperación deste instrumento ao tempo que se incrementaba o interese pola recuperación do patrimonio cultural do país. O documental conta con Ramon Pinheiro na dirección. É unha realización de aCentral Folque para o Consello da Cultura Galega.

Audios: