Sarmiento de Gamboa: a cartografía do imposible

As supostas illas do ouro, as expedicións polo Pacífico sur e o estreito de Magallanes forman parte das aventuras de Pedro Sarmiento de Gamboa. Navegante pontevedrés, cosmógrafo, militar e escritor, participou na exploración das illas Salomón e liderou a do estreito, onde promoveu varios asentamentos. Pero os océanos non foron os seus únicos territorios de conflito: tamén se interesou pola maxia e tivo problemas coa Inquisición.