María Casares marchou ao exilio en Francia con 13 anos e acabou conquistando os escenarios europeos. Actriz extraordinaria, fixo do teatro o seu lugar no mundo e do exilio unha patria propia. Traballou con grandes figuras da cultura europea, mais Galicia seguiu sendo unha conta pendente: regresou a España, pero nunca á terra que a viu nacer.