Jesús Bal y Gay: unha patria feita de sons

Foi na procura das cancións que cantaba Galicia como Bal y Gay acabou construíndo unha das grandes coleccións da nosa música popular. Ao tempo, abriu camiño no eido da música clásica, que o levou a vencellarse con figuras como Stravinsky. Compositor e musicólogo, a Guerra Civil obrigouno ao exilio en México, distancia que non conseguiu afastalo da nosa cultura.