Manuel de Castro, coñecido como Handicap, viviu o deporte desde tódolos ángulos. Foi futbolista, adestrador, árbitro e xornalista. Defendeu a creación do Celta e da selección galega, e levou o fútbol galego ata os Xogos Olímpicos de Amberes de 1920. Non se conformou con contar o deporte: tamén axudou a construílo.