Syra Alonso: o persoal é político

Testemuña directa da violencia que a ditadura quixo ocultar, narrou nos seus diarios o asasinato do seu compañeiro, o pintor Francisco Miguel, a loita desesperada por salvalo e a fuxida de Galicia cos seus tres fillos. Desde o exilio en México, Syra Alonso converteu a escritura nunha forma de denuncia e memoria. Os seus escritos non chegaron a Galicia ata o ano 2000, máis de medio século despois.