Terceiro e último episodio da serie 'Castelao a carón de nós' , no que se aborda a etapa final de Castelao, coa súa presenza no exilio americano. Unha serie documental de Arraianos producións para o Consello da Cultura Galega.
Como eran as mulleres galaicorromanas? Que sabemos da súa vida e posición social? Como se relacionaron coa memoria e identidade ancestrais? A profesora Ana María S. Piñeiro amosa as evidencias para coñecer as mulleres de hai dous mil anos.
[+ info]
Nos anos da II Guerra Mundial, foron moitos os galegos que acudiron traballar a Alemaña. O profesor Antonio Muñoz Sánchez achéganos o papel dos traballadores forzados e voluntarios de orixe galega.
[+ info]
Durante os anos da II Guerra Mundial asentouse en Vigo unha colonia de cidadáns alemáns, moitos dos cales tiñan relación co Partido Nazi. Antonio Giráldez Lomba, membro do Instituto de Estudos Vigueses achéganos luz sobre este período histórico.
[+ info]